9. Homenaxes

Homenaxe a Manuel Sarille Lanceiro

4
De esquerda a dereita: Rodríguez Fer, Lobato, Bóveda, Manuel Sarille, Díaz Pardo, Gómez Amigo, Rodríguez da Torre, Páramo (Curso de verán da USC, 2007) 

 

   

Palabras en memoria de Manuel Sarille Lanceiro, Presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo (falecido o 25 de maio de 2008), pronunciadas na multitudinaria homenaxe tributada polo pobo de Lugo o 28 de maio de 2008:

 

 

Homenaxe a Manuel Sarille

Por Xosé Manuel Sarille  

 

a1

Xesús Pérez Regueiro, Claudio Rodríguez Fer e Manuel Sarille 
durante a presentación da Asociación

 

Hai tres meses subimos ao coche, conducía el e dedicouse a deambular polas rúas, sen destino aparente, falando de arquitecturas, da pésima funcionalidade dos balcóns abertos desta  cidade friísima, da sucesión infinita de ocos fantasmagóricos. E eu lembrei o noso balcón, tamén construído así, pero coa varanda rosa, revestido con pequenos azulexos vidrados en cor verde. Creo que tamén para el ese mesmo día cambiara a dirección da luz.

Falábamos por estarmos preto, dentro do automóbil en marcha, para non deixar que o silencio permitise calquera mímica que tivese semellanzas cun salouco. Unha conversa masculina. El aparcou precisamente diante da nosa antiga casa, na que vivíramos. E os dous lemos no outro que aquilo era un retorno antes de afrontar a despedida, a conclusión, un xeito de dicírmonos que aínda era tempo. Había vintecinco anos que non estábamos xuntos alí; deunos por falar de don Ricardo, do seu chalé que xa non está, e do seu porte con repeniques decimonónicos e elegantes, traballado con dedicación, descendendo a rúa cada mediodía do brazo da súa dona; do chapeo dondo que despegaba da súa cabeza en cada saúdo. Don Ricardo era un xogo de luz nos meus ollos.

Non había moito que dicir, tratábase de estar alí, de estar, e de que todas as correntes e enerxías circulasen entre nós e nos envolvesen plenamente. Era notar que estabamos, que eramos e que todo fora e había de ser infinito. Miramos para todas as partes, as esquinas estándares, anódinas, vulgares; as paredes, as portas dos garaxes, o muriño que aínda sobrevivía, feito con pezas paralelepípedas de granito e cemento enfitado e tea metálica que fora verde e agora xacía enferruxada; e as alturas, que para alén de varias casas da nosa memoria que aínda se mantiñan en pé, eran o único que permanecía; e esa luz débil que lograba entrar na rúa estreita, esoutra luz precisamente, que nos transportaba para o noso pasado.

Pensei moitas veces no momento en que cambiou na infancia a dirección da luz, no momento inapreixábel en que o exterior deixou de ser grande, ao xeito de Rilke. En canto tivo que ver el na transformación. Pero pode ser que esta forma miña de dispoñer, de clasificar, sexa artificial e que nunca se producise tal división. Había un horror de neno, episódico, con sepultados, con suicidados, que agora volve. Igualmente circulaban enerxías, semellantes  a xinetes apocalípticos que anulaban e aproximaban a morte.

O val, cruzado pola ponte, deitábase diante da xanela da sala, linda, pintada de verde claro, con cristais moi grandes ao xeito de galerías, armadas con barras de ferro rectas e espidas. El dicíame os nomes dos trens, as horas de paso dos máis lonxíncuos, mirábamos os que transportaban mercadorías, e contaba en silencio o número de vagóns, para deducir inmediatamente os que non serían capaces de tripar a montaña que lles agardaba despois de traspasaren o derradeiro arco. Cumpríase sempre a súa predicción. Finalmente o maquinista deixaba escorregar o comboio até volvelo situar enriba da ponte, e entón viña desde a estación outra locomotora e empurrábao por tras. Cando a chuvia envolvía de melancolía o val, el descontaba máis vagóns e adiviñaba tamén os que non ían superar a costa porque esvaraban na auga dos raís. Durante toda a nenez, el fixo para min un tren de corda no horizonte.

 

Homenaxe a Manuel Sarille

Por Claudio Rodríguez Fer

  6

Xosé Luís Bóveda, Manuel Sarille e Manuel Cuesta
(Curso de verán da USC, 2007)

Como é sabido a enerxía non se crea nin se destrúe, soamente se transforma, e Manuel Sarille Lanceiro, que era pura enerxía, segue e seguirá existindo a través da súa muller Olga e do seu fillo Xosé Manuel, así como dos descendentes destes; a través das súas obras, que foron moitas, e a través de todos os que o coñecemos, que somos moitos tamén. Para min, que vou falar del a través da memoria, será sempre o recreador d’A Pascua de Montecubeiro, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista Ólisbos nos anos noventa precisamente por iniciativa miña e logo representada e interpretada coa máxima graza polo propio Sarille en Montecubeiro nun acto multitudinario. Para min será tamén sempre o leal editor do libro Arximiro Rico. Luz dos humildes, vida e morte dun mestre republicano realizado polo seu fillo Xosé Manuel Sarille e polo noso común amigo Narciso de Gabriel, pois sempre mantivo viva a memoria e o agradecemento a quen fora seu mestre e a quen resultara tan vilmente asasinado. Por suposto, para min será igualmente sempre o informante e o protagonista da novela Polos fillos dos fillos, de Xosé Manuel Sarille, sobre a matanza acontecida en Montecubeiro en 1937, así como o promotor do monólito a aquelas vítimas en colaboración co Concello de Castroverde, dúas das maiores satisfaccións da súa vida. Mais na súa existencia chea de compromisos e de loitas das que a miúdo daba testemuño escrito na prensa, onde por certo non lle publicaban todo o que enviaba, para min será ante todo o fundador e o presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo. 

Nunca esquecerei o día do ano 2005 en que tras presentar Carmen Blanco, María Xesús Souto Blanco, María Lopo e máis eu na Galería Sargadelos de Lugo o monográfico dos cadernos Unión libre dedicado á “Memoria antifascista de Galicia”, en presenza de netos do Doutor Rafael de Vega Barrera e doutras persoas con el relacionadas, como Sofía Andrade e Xesús Pérez Regueiro, lin o poema “A loita continúa”, que alude ao masacre de Montecubeiro, e observei con emoción que o rexo e combativo Sarille choraba a cada verso. E, rematado o acto, Manuel Sarille Lanceiro propúxonos aos presentes formar unha asociación promotora da recuperación da memoria histórica que resultou ser a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, da que por suposto foi o seu presidente. 

Naceu así pois unha Asociación, con domicilio social na Galería Sargadelos de Lugo (onde Sarille presidiu a súa presentación pública), dedicada á investigación e divulgación da memoria histórica da represión para que se coñecese a verdade e para que nunca se repetise, así como para realizar accións de dignificación das vítimas barbaramente maltratadas durante a ditadura e inxustamente esquecidas na actualidade. Falou no seu nome Sarille na radio, na televisión e nos máis diversos foros e xuntanzas, intervindo en actos tan significativos cualitativa e cuantitativamente como a inauguración do monumento ao doutor Rafael de Vega Barrera, no que interveu xunto aos descendentes de Vega e ao alcalde de Lugo, ou o encontro universitario “As vítimas do 36 en Galicia. Memoria e Paz para sempre”, onde presentou a súa investigación sobre o asasinato do mestre e deputado republicano Díaz Villamil. Sarille quedou moi satisfeito co resultado destas dúas convocatorias e, particularmente, co numeroso público xuvenil da última delas, como tamén de todas as homenaxes aos mestres da República e en concreto ao seu mestre Arximiro Rico.

 Sarille

Manuel Sarille na inauguración do busto de Vega Barrera

Non é de estrañar, pois, que a Asociación recibise agora as máis sinceras condolencias por parte da Fundación Luís Tilve, tan comprometida coa memoria; da historiadora da represión María Xesús Souto Blanco, da exhumadora de vítimas Carmen García-Rodeja; de numerosos asociados e colaboradores ou do grupo de investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” en escrito do seu director Lourenzo Fernández Prieto, quen lembrou e agradeceu moi expresivamente a importante contribución de Sarille a este proxecto de reconstrución da memoria, polo que a nosa Asociación tanto avogou.

Agora ben, Sarille non conseguiu aínda levar a efecto todas as súas iniciativas, pero digo que non o conseguiu aínda porque o conseguirá a través de nós: por exemplo, un monumento ao mestre Arximiro Rico no Cádavo; por exemplo, unha placa ao mestre Díaz Villamil na Pontenova; por exemplo, un monumento a todas as vítimas do fascismo en Lugo, para o que se conseguiu xa no 2006 un deseño de Isaac Díaz Pardo.

Emocionouse Sarille cando no encontro sobre “As vítimas do 36 en Galicia. Memoria e Paz para sempre” se lle entregou un gravado orixinal de Sara Lamas sobre a súa irmá Carmen, asasinada en plena xuventude polo grave delito de ser sinxelamente irmá. Porque, en efecto, Sarille comprendeu que xa moitos nos sentimos irmáns daquela vítima e de cantos perderon a vida inxustamente a raíz de 1936. Na última conversa que mantivemos, xa telefonicamente, agradeceume o poema “As tres mapoulas de Montecubeiro”, referido ás tres mulleres asasinadas naquel masacre en 1937, e que lle está dedicado. Con el vou rematar, porque sei que así lle gustaría a Sarille e porque acaba aludindo ao penedo conmemorativo que con tanto empeño conseguiu erguer en Montecubeiro, un penedo do que estaba tan orgulloso e que tanto se lle parece:

 AS TRES MAPOULAS DE MONTECUBEIRO

 

En memoria da humildísima Virxinia Meilán Varela, 
das mozas Carmen Sarille Lanceiro e Manuela Graña Rico, 
e das demais vítimas do masacre de agosto de 1937 
en Montecubeiro (Castroverde).
 

Ao mestre exemplar Arximiro Rico, alí martirizado, 
e aos seus discípulos directos e indirectos 
Manuel Sarille Lanceiro, Xosé Manuel Sarille e Narciso de Gabriel.

 
Entre as medorras e os castros,
polos ríos e polos regos,
baixo os soutos e sobre as carballeiras,
onde pacen en paz vacas e ovellas,
o canto do estorniño doce entoa
o nome mártir de Manuela Graña.  

 Co vento dos cereais e a quietude do leite,
coa nabiza dos nabos e o grelo das nabizas,
coas patacas apañadas e as de debaixo da terra,
a conciencia medra como a herba e as árbores
para imporse clamando monte arriba
o nome noso de Carmen Sarille.

 As sombras dos ameneiros e os salgueiros
nas ribeiras de flora flotante,
as carreiras dos corzos e dos lobos,
a verea dos xabarís e o voo das vacalouras
debuxan co fume de afumar chourizos
o nome amantísimo de Virxinia Meilán.

Entre os toxos, sobre a neve,
na seca e nas enxurradas,
tres mapoulas iluminan
noite e día Montecubeiro:
Virxinia, Carmen, Manuela.
Eran fermosas como pétalos.
Perduran como penedos.

 
28

Manuel Sarille Lanceiro e Rodríguez Fer,
con Carmen Sarille ao fondo
(Curso de verán da USC, 2007)

 

 Homenaxe a Manuel Sarille

Por Xesús Pérez Regueiro

  a2

Xesús Pérez Regueiro, Claudio Rodríguez Fer, 
Manuel Sarille e Carmen Blanco na Galería Sargadelos

Con grandeiro sentimento dicimos hoxe o derradeiro adeus a un home de ben con quen tiven a honra de compartir inquedanzas de liberdade e xustiza, de quen recibín exemplo, ánimo e amparo, sendo testigo da súa sempre constante laboura social. Aló onde te atopes, sempre amigo, nesa rexión misteriosamente etérea, recibe o noso agradecemento admiración e respeto coa calor e forza do noso agarimo. Se o lembrar é volver a vivir, estarás vivo no noso cerne, que ben ocupará o oco que deixaches.

Hoxe estás eiquí, estás connosco…

  

Homenaxe a Manuel Sarille

Por Manuel Varela Flores

 

Es para mi un honor el hecho de que la familia de  Manuel Sarille Lanceiro, me haya invitado a pronunciar unas palabras en este acto de homenaje, unas palabras, sobre todo de amigo, porque habiéndonos conocido hace 32 años, como compañeros militantes del Partido Socialista Obrero Español, pronto se convirtió en una relación de amistad inquebrantable, hasta estos días de su pérdida.

En él, enseguida destacaban dos características que le han acompañado siempre: su vitalidad y la fuerza de sus convicciones. Ambas, le llevaron a entregarse con entusiasmo a la participación activa en las campañas de expansión del partido, recorriendo una y otra vez la provincia de Lugo, buscando contactos para la creación de agrupaciones y la formación de candidaturas, en unos tiempos nada fáciles, en los que estaban instalados el miedo y la ignorancia.

Desempeñaba siempre las distintas responsabilidades que la organización le solicitaba, con absoluta generosidad. Con la misma que le llevaba a aceptar cargos en sus comités o la inclusión en las listas electorales sólo en puestos de relleno, renunciando voluntariamente a la obtención de un cargo público, cosa que le hubiera sido fácil. Conciliador y dialogante, presidió durante un largo período, las asambleas del partido.

Él fue uno de los compañeros que más empeño puso  para que yo encabezase las listas a las elecciones, sin embargo, no quiso ser ni concejal ni parlamentario. No necesitaba serlo para implicarse plenamente en la defensa de todo proyecto coincidente con sus ideas, como siempre ha sido, hasta el final.

Fue Sarille, un animador nato, lleno de iniciativa y optimismo. Lo recuerdo inasequible al desaliento, contagiándonos de su alegría de vivir. Porque él, habiendo sufrido en la adolescencia los trágicos acontecimientos de la guerra civil, que golpearon cruelmente a su familia, y siendo vigilado y acosado durante la dictadura, supo defender sus convicciones, esencialmente republicanas y antifascistas, sin ser víctima del rencor…

De naturaleza cordial, tenía la capacidad de relacionarse con aquellos que no pensaban como él. El respeto a las personas no le impedía la manifestación abierta de sus propias ideas, como siempre puso de manifiesto. Le era de aplicación aquello de que lo cortés no quita lo valiente. Efectivamente, era valiente, y no sólo por expresarse abiertamente. Recuerdo, entre otros momentos en que pude comprobarlo, la fecha de 23 de febrero de 1981, en la Sarille, lejos de huir o esconderse (él, que bien sabía como podían acabar esas cosas), se mantuvo en vela, pendiente de los acontecimientos y resuelto a ofrecer resistencia a aquel fallido golpe de Estado.

Era una persona ávida de saber. La razón predominaba en él, frente a cualquier postura dogmática. La verdad, la buscaba en el conocimiento científico. Hombre de su tiempo, amante de la modernidad y el progreso, no lo recuerdo nostálgico de ningún momento pasado. Lo que no le hizo olvidar que el hombre tiene una deuda con la Historia, y que la pérdida de su memoria es incompatible con la dignidad de las personas. Y Sarille, como nos ha demostrado, tenía un alto sentido de la dignidad y no ha sido nunca proclive al olvido.

Pero, por si fuera poco, Manolo era un gran amigo de sus amigos, y tenía muchos, de los cuales, buena parte ya se han ido.  Tuve la suerte de encontrar en él, un amigo leal, con el que he compartido muchos momentos de alegría y, como no, de dolor. Ha estado a mi lado en los momentos más amargos de mi vida, dándome su apoyo.

Hace unos meses, me llamó para darme a conocer el diagnostico de su enfermedad, consciente de su gravedad, sin dramatismo, dándome una nueva lección de entereza,  de saber estar.

Amiga Olga, su querida esposa, Xosé Manuel, su hijo del que tantas veces me habló con orgullo… familiares, amigos…

Tengo para mí que Manolo Sarille ha vivido con plenitud, sin miedos, con dignidad… y con esa misma dignidad ha recibido a la muerte.

A nosotros nos deja el dolor de su ausencia, pero el tesoro de su memoria.

 

 Homenaxe a Manuel Sarille

Por Carmen Blanco


a3   
Xesús Pérez Regueiro, Claudio Rodríguez Fer, 
Manuel Sarille e Carmen Blanco presentando a Asociación

 

 Lugo libre

 A Manuel Sarille Lanceiro

Queremos Lugo limpo

da lembranza dos espantos

Lugo libre

da memoria do mal. 

 

   Ver álbum da homenaxe a Manuel Sarille

%d bloggers like this: