6. Subscrición

SUBSCRICIÓN

A Asemblea Xeral da Asociación para a Dignificación polas Vítimas do Fascismo estableceu unha cota de afiliación dun euro ao mes, que pode satisfacerse ingresando doce euros anualmente na conta bancaria de Caixa Galicia nº:    

2091 – 0152 – 29 – 3040084427 

 ou persoalmente no domicilio social da Asociación:

Galería Sargadelos
Praza de Santo Domingo, 4
27001 Lugo 
  

 

Para contribuír ao monumento proxectado poden facerse ingresos nas seguintes contas: 

Monumento xeral a todas as vítimas da represión en Lugo
deseñado por Isaac Díaz Pardo:

Caixa Galicia:  2091 – 0152 – 29 – 3040084427

 

Con estas iniciativas preténdese consolidar os valores humanísticos de paz, tolerancia, xustiza e liberdade homenaxeando ás persoas sacrificadas en Lugo por defender eses ideais durante a guerra civil, pois, malia a transcorrer setenta anos dende 1936, non alcanzaron aínda a ter o recoñecemento histórico que merecen. Ademais, lembrando a estas vítimas con monumentos debidos a tan prestixiosos artistas, contribuiremos non só a honrar historica e eticamente a Lugo, senón tamén a embelecelo urbanistica e esteticamente.

Advertisements
%d bloggers like this: