4. Promotores

 

Manuel Sarille Lanceiro, funcionario xubilado e activo publicista da memoria histórica, vítima da represión xunto a súa familia e irmán de Carmen Sarille Lanceiro, asasinada aos vinte e dous anos;

Claudio Rodríguez Fer, poeta e escritor da memoria e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou cunha tese sobre a literatura da guerra civil, así como fillo de pai encarcerado;

Carmen Blanco, escritora da memoria da muller e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, neta de avós represaliados (un depurado no traballo e outro encarcerado e condenado a morte);

Xesús Pérez Regueiro, propietario da Galería Sargadelos de Lugo, operado na infancia polo Doutor Vega Barrera e anfitrión de numerosos actos sobre a memoria histórica e cultural antifascista.

María Xesús Souto Blanco, historiadora da memoria e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou cunha tese sobre a represión franquista en Lugo, así como sobriña neta de Luis Souto Neira, asasinado en 1936.

%d bloggers like this: